Villaverde reitera a Conxemar o compromiso da Xunta co sector transformador de produtos do mar
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse hoxe coa directora xeral da Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Productos da Pesca e Acuicultura (Conxemar), Yobana Bermúdez, e o director adxunto da entidade, Pablo Cadarso.
No encontro abordaron a situación actual do sector e os representantes da organización explicáronlle á conselleira os novos proxectos nos que traballan. Na actualidade, a Xunta e Conxemar teñen en vigor un convenio de colaboración para a promoción e mellora da comercialización dos produtos conxelados da pesca no ano 2026, no que o Goberno galego colabora con 230.000 euros. Na última década a Consellería do Mar investiu 1,5 millóns de euros en oito convenios de colaboración con esta asociación.