A Xunta e a Confraría do Grove avalían liñas de traballo conxuntas para reforzar a competitividade e a sostibilidade do sector marítimo-pesqueiro local

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo hoxe un encontro con directivos do pósito dentro do contacto permanente da Consellería do Mar coas entidades do sector

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, mantivo unha xuntanza cos directivos da Confraría de Pescadores do Grove para avaliar liñas de traballo conxuntas para reforzar a competitividade e a sostenibilidade do sector marítimo-pesqueiro local. O encontro, enmarcado no contacto permanente que a Consellería do Mar coas entidades do sector, permitiu analizar o impacto das actuacións realizadas polo pósito a través das diferentes liñas de axuda autonómicas.

Na reunión, abordáronse de primeira man as necesidades actuais dos profesionais que desenvolven a súa actividade no ámbito da confraría meca, co obxectivo de estudar e deseñar novas liñas de colaboración que permitan avanzar na competitividade, na seguridade e na sustentabilidade da actividade estratéxica da zona. O director xeral reafirmou o compromiso da Xunta de seguir cooperando estreitamente coa Confraría do Grove, no marco do modelo de cogobernanza na xestión pesqueira e marisqueira na comunidade, para garantir a sustentabilidade económica e ambiental dun sector estratéxico para Galicia.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 31/07/2026