Villaverde celebra co sector os actos na honra da Virxe do Carme en Ribeira
2026-08-01
/documents/35297/2231774/20260801VillaverdeProcesi%C3%B3nRibeira+%282%29.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ribeira (A Coruña), 1 de agosto de 2026
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou este sábado nos actos na honra da Virxe do Carme en Ribeira, onde acompañou aos representantes das confrarías de Ribeira, Aguiño e Palmeira, así como da Federación Provincial de Confrarías da Coruña, ás autoridades locais, aos profesionais do mar e aos veciños e veciñas da localidade.
A responsable autonómica participou así na cerimonia relixiosa e institucional, que incluíu a Misa solemne e a tradicional procesión marítima que partiu desde a Nova Lonxa de Ribeira e tivo o seu momento máis emotivo co lanzamento dunha coroa en homenaxe aos que perderon a vida no mar.
Data de actualización: 01/08/2026