O delegado da Xunta en Ourense recibe aos membros da Agrupación Musical da Limia
2026-08-03
/documents/35297/2232323/030826+Recepci%C3%B3n+%C3%A1+Agrupaci%C3%B3n+Musical+da+Limia+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 03 de agosto de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, recibiu esta mañá na Delegación Territorial aos membros da Agrupación Musical da Limia, tras acadar a sétima posición e unha medalla de ouro no prestixioso World Music Contest, celebrado na cidade de Kerkrade, nos Países Baixos.
Manuel Pardo trasladoulles os seus parabéns por lograr este éxito histórico nun dos certames máis esixente da música de vento, situando a este grupo formado en Xinzo de Limia na elite internacional.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 03/08/2026