O delegado territorial da Xunta desprazouse esta mañá o concello do Riós para supervisar o resultado das obras de mellora no edificio municipal e na instalación do parque infantil, ao abeiro destas axudas no ano 2025

Manuel Pardo pon en valor os máis de 1 M€ que a Xunta destina para mellorar infraestruturas municipais na provincia de Ourense

O delegado explicou que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu 35.000 euros para mellorar a accesibilidade na Casa do Concello e na instalación do parque infantil, ao abeiro da orde de axudas do ano 2025 para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais

Durante a visita, o representante autonómico detallou que na recente resolución da convocatoria deste ano, a Xunta destinou máis dun millón de euros en 34 actuacións en 30 concellos e catro agrupacións da provincia, co fin de impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos

Ourense, 10 de agosto de 2026

O delegado da Xunta, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello do Riós para, acompañado da súa alcaldesa, Eva Barrio, comprobar de primeira o resultado das obras para a mellora de accesibilidade na Casa do Concello e na renovación completa do parque infantil, nas que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes investiu preto de 35.000 euros, ao abeiro da orde de axudas do ano 2025 para a creación e mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.

Durante a visita, o delegado informoulle a súa rexedora que na convocatoria deste ano, este municipio foi beneficiario cunha achega de preto de 24.000 euros para a rehabilitación da praza situada en Florderrei, co fin de dotar a súa veciñanza dun espazo público axeitado de encontro e de lecer.

Nesta liña, Manuel Pardo detallou que na recente resolución desta orde de axudas, a Xunta destinou máis dun millón de euros en 34 actuacións en 30 concellos e catro agrupacións da provincia sendo ademais desta entidade beneficiarias as de Avión (en solicitude individual), Beade, Beariz, Boborás (en solicitude individual), Agrupación Boborás-Avión, O Bolo, Carballeda de Avia, Cartelle (en solicitude individual), Agrupación Castrelo de Miño- Cartelle, Cortegada, O Irixo, Larouco, Laza, Leiro, Maside (en solicitude individual), Agrupación Maside- O Carballiño, A Merca, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, Pontedeva, Quintela de Leirado, Agrupación Ramiras-Gomesende, Ribadavia, San Cibrao das Viñas, A Teixeira, Verea, Vilamarín Vilar de Barrio, Vilardevós e Xinzo de Limia.

O representante do Goberno galego lembrou que a  través destas iniciativas dirixida a concellos de menos de 30.000 habitantes, a Xunta cofinancia actuacións en camiños, prazas, paseos e rúas, instalacións deportivas e outros edificios destinados á prestación de servizos municipais ou redes de iluminación pública, sendo axuda máxima o 70 % do orzamento total da actuación. 

Tamén aclarou que mediante estas axudas, preténdese impulsar a calidade de vida da veciñanza das áreas rurais a través da colaboración cos concellos, como entidades máis próximas á cidadanía e motores do desenvolvemento económico, e así favorecer a fixación de poboación e garantir o equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano a prol dunhas óptimas condicións de vida con independencia do lugar de residencia.

Actuacións na Casa do Concello e no parque infantil

A actuación no acceso á Casa do Concello consiste na retirada das escaleiras de acceso existentes, para realizar por un lado unha rampla de acceso con varanda, e por o outro lado unhas escaleiras. Mentres que a renovación completa do parque consistiu na substitución das baldosas de caucho existentes por un caucho continuo; e na colocación de novos elementos de xogo.

Axudas da Xunta a prol do municipalismo

Esta convocatoria enmárcase no compromiso da Xunta co municipalismo, que en 2026 acada unha cifra histórica de 670 millóns de euros destinados aos concellos a través das distintas consellerías, 30 millóns máis que no exercicio anterior.

No ámbito da Dirección Xeral de Administración Local, este esforzo tradúcese nun amplo catálogo de axudas, entre as que destacan os 10 millóns de euros para proxectos municipais de carácter estratéxico, os 7,9 millóns do Fondo de Compensación Ambiental ou os tres millóns do Plan de acción comunitaria, así como a nova liña para a adquisición de maquinaria destinada á prevención de incendios forestais, dotada cun millón de euros, e o apoio para a contratación de auxiliares de Policía local durante o verán nos concellos máis turísticos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/08/2026