Belén do Campo acompaña na contorna da Torre de Hércules aos usuarios da residencia Torrente Ballester durante a eclipse total de sol

A delegada da Xunta participou na actividade organizada polo propio centro para que os seus usuarios puidesen  gozar dun fenómeno astronómico excepcional desde un  dos lugares máis emblemáticos da cidade

A Coruña, 12 de agosto de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto ao director do centro, Constantino Piñeiro, acompañou hoxe aos usuarios da residencia Torrente Ballester durante o visionado da eclipse total de Sol dende na contorna da Torre de Hércules, á altura da antiga cárcere, nunha actividade organizada polo propio centro con motivo deste fenómeno astronómico excepcional.

Belén Do Campo compartiu cos residentes este momento desde un dos enclaves máis singulares da cidade da Coruña, nunha xornada na que Galicia se converteu nun dos mellores lugares de Europa para observar a eclipse total.

A actividade permitiu aos usuarios da residencia desfrutar da eclipse ao aire libre e nun espazo privilexiado, empregando en todo momento as correspondentes gafas regulamentarias para garantir unha observación segura do fenómeno. Estas gafas foran entregadas aos residentes pola propia delegada durante a visita realizada onte ao centro, na que estivo acompañada polo director da residencia.

Belén do Campo destacou o valor de iniciativas como esta, que permiten achegar fenómenos científicos e astronómicos de especial relevancia a todos os públicos e, ao mesmo tempo, favorecer actividades de convivencia e participación para as persoas usuarias dos centros residenciais.

A eclipse total de Sol deste 12 de agosto constituíu un acontecemento especialmente excepcional para Galicia, que se atopaba entre as zonas desde as que mellor se podía observar a totalidade do fenómeno. A evolución das condicións meteorolóxicas era, neste sentido, un factor determinante para garantir a súa visibilidade.

Precisamente, MeteoGalicia puxo á disposición da cidadanía unha predición específica para a xornada da eclipse, con información detallada por horas e para cada concello galego, co obxectivo de facilitar a planificación dos lugares de observación.

A actividade desenvolvida na Torre de Hércules permitiu aos usuarios da residencia Torrente Ballester vivir de maneira compartida este acontecemento único e desfrutar dunha experiencia ao aire libre nun dos símbolos máis recoñecibles da Coruña.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/08/2026