A Xunta resolve máis da metade das incidencias informáticas do persoal en menos dunha hora
Os sistemas de atención ás persoas usuarias dos servizos da Administración manteñen cerca de 700 contactos diarios
Os equipos de ciberserseguridade xestionaron en 2025 máis de 15.000 incidentes relacionados co roubo de credenciais nas Administracións locais e autonómica
Os sistemas de atención ás persoas usuarias dos servizos da Administración manteñen cerca de 700 contactos diarios
Os equipos de ciberserseguridade xestionaron en 2025 máis de 15.000 incidentes relacionados co roubo de credenciais nas Administracións locais e autonómica
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2026
Os sistemas da Xunta de Galicia para a atención ás persoas usuarias dos servizos da Administración resolveron en 2025 o 52 % das incidencias informáticas en menos dunha hora, segundo os datos do balance da Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
As incidencias foron atendidas polo Centro de Atención ás Persoas Usuarias (CAU), polo Centro de Servizo ás Persoas Usuarias (CSU) de Xustiza e pola Unidade de Atención a Centros (UAC) de Educación. Estes servizos mantiveron ao longo de 2025 máis de 254.000 contactos, o que representa unha media diaria de cerca de 700.
O balance de 2025 da EGD2030 destaca tamén a implantación do WhatsApp coma nova canle de contacto coa cidadanía para o soporte técnico da aplicación XuntaEu para dispositivos móbiles e da Sede Electrónica. Así mesmo, púxose en marcha un proxecto piloto de videoidentificación para a emisión de tarxetas de empregado público, que permite realizar o trámite integramente en liña.
Ciberseguridade
A dirección de Infraestruturas e Seguridade da Amtega controlou en 2025 máis de 710 millóns de eventos diarios nos equipos informáticos das administracións locais e máis de 765 millóns nos da Administración autonómica. Isto permitiu detectar máis de 263 millóns de ameazas e xestionar máis de 15.000 incidentes de seguridade relacionados co roubo de credenciais.