O delegado da Xunta en Ourense asiste á lectura do pregón da ‘IV Feira Irmandiña’ no concello do Bolo

Ourense, 14 de agosto de 2026.

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, desprazouse esta mañá ao concello do Bolo para asistir á lectura do pregón da IV Feira Irmandiña, un evento que une unha parte da historia do castelo deste municipio coa recuperación de tradicións como as feiras que promocionan produtos locais e feitos a man.

Esta cita xorde dun feito histórico pouco coñecido e único na comarca de Valdeorras que ocorreu no castelo no século XV, o asalto á fortificación por parte dos Irmandiños, que provocou a destrución de parte da edificación e a súa posterior reconstrución.

Data de actualización: 14/08/2026