O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá as instalacións

A Xunta reforma a escola infantil pública autonómica de Muxía para garantir un maior confort dos bebés

O Goberno galego financia con máis de 18.000 euros as obras, consistentes na ampliación e adecuación da zona de descanso

Muxía (A Coruña), 27 de agosto de 2026

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá a escola infantil de Muxía. Acompañado polo alcalde do concello, Javier Sar, pola tenente de alcalde, Sandra Vilela, e pola concelleira de Educación, Aurelia Picallo, comprobou o avance das obras de mellora que se executan este verán neste centro, pertencente á rede pública autonómica.

Perfecto Rodríguez explicou que os traballos que se están a levar a cabo na escola e que estarán concluídos para o inicio do curso escolar, o día 7 de setembro, mellorarán a súa actividade, garantindo un maior espazo para o descanso dos bebés. O ente autonómico financia con máis de 18.000 euros estas obras que se encargou de contratar e executar o Concello.

A reforma consiste en ampliar a zona de descanso, que contará con novos pavimentos, teitos, acabados interiores e instalacións de electricidade e ventilación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/08/2026