A Xunta participa na tradicional Romaría Interxeracional de Lalín

Lalín (Pontevedra), 29 de agosto do 2026

O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, participou hoxe na tradicional Romaría Interxeracional de Lalín, un evento plenamente consolidado neste concello que celebrou a súa edición número 32.

Antón Acevedo destacou a importancia deste tipo de eventos porque animan á xente maior a participar activamente e a continuar implicada no dia a día do seu concello, e ademais serven como recoñecemento aos veciños máis lonxevos.

Data de actualización: 29/08/2026