O delegado da Xunta en Ourense reúnese coa nova alcaldesa de Viana do Bolo
2026-09-02
/documents/35297/2273885/020926+Reuni%C3%B3n+coa+nova+alcaldesa+de+Viana+do+Bolo+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 02 de setembro de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa nova alcaldesa de Viana do Bolo, Graciela Diéguez, á que despois de analizar as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica, desexoulle unha etapa exitosa na responsabilidade que acaba de principiar.
Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 02/09/2026