O presidente da Xunta está a realizar en bicicleta un treito desta ruta

Rueda destaca o bo momento do Camiño Mozárabe-Vía da Prata, cun 32% máis de peregrinos neste agosto respecto ao do ano pasado

7.000 peregrinos procedentes desta ruta recolleron a Compostela no que vai de ano

Nos oito primeiros meses deste ano hai un 6% de peregrinos máis que no mesmo período do ano pasado en todas as rutas xacobeas

Cea (Ourense), 4 de setembro de 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o bo momento que está a ter o Camiño Mozárabe-Vía da Prata, unha ruta “absolutamente recomendable e cun crecemento moi importante”. En agosto, a cifra de peregrinos que recolleron a Compostela medrou un 32% respecto ao mesmo mes de 2025.

O presidente está a realizar a Vía da Prata en bicicleta, unha ruta pola que este ano xa chegaron a Santiago 7.000 peregrinos que recolleron a Compostela, un 3% máis ca o ano pasado. Deles, un 42% son estranxeiros, a maioría de Italia e Portugal.

Nos oito primeiros meses deste ano, levamos un 6% máis de Compostelas expedidas ca no mesmo período de 2025 en todas as rutas do Camiño de Santiago. Son case 400.000 peregrinos, dos cales o 62% son de orixe estranxeira.

Rueda tamén salientou a importancia de que o Camiño Mozárabe-Vía da Prata siga medrando “no ano previo ao noso gran ano”. Neste sentido, a Xunta está a traballar para mellorar a experiencia do Camiño cara ao Ano Santo, con investimentos na seguridade viaria en todas as rutas, ampliando a rede de albergues e organizando unha programación diversa e inclusiva.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/09/2026