A Xunta reivindica na gala benéfica de Ribeira a importancia dos produtos do mar para ter hábitos de vida saudables

Ribeira (A Coruña), 4 de setembro de 2026

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do director xeral de Atención Primaria e Comunitaria do Sergas, Salvador Mariño-Ageitos, participou na I Gala Benéfica a Favor da Investigación en Obesidade celebrada no Auditorio Municipal de Ribeira, unha cita impulsada por investigadoras do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e da Universidade de Santiago de Compostela (USC) xunto coa Sociedade Española de Obesidade (SEEDO) e o Concello ribeirense.

Durante o acto, que contou coa presenza dos divulgadores Boticaria García e Javier Butragueño e das investigadoras Ana Belén Crujeiras, Luisa M. Seoane, María Pardo e Sulay Tovar, recadáronse fondos destinados a proxectos galegos sobre os mecanismos metabólicos desta enfermidade crónica. O departamento autonómico apoiou este evento co obxectivo de poñer en valor a dieta atlántica e o consumo dos produtos do mar como elementos fundamentais para ter hábitos de vida saudables pola súa achega de ácidos graxos omega-3 e proteínas de alto valor biolóxico.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 04/09/2026