Medio Rural avalía novas vías de colaboración con LugoMadera para impulsar unha xestión activa e sustentable do bosque galego

Lugo, 17 de setembro de 2026

A directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo (LugoMadera), con quen avaliou a posibilidade de establecer novas liñas de colaboración conxunta para impulsar unha xestión activa e sustentable do bosque galego.

Así, puxo en valor o traballo desenvolvido por esta asociación, que representa ás empresas deste sector e presta un importante de servizo de coordinación, xestión, fomento, asesoramento e defensa dos seus intereses.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/09/2026