Belén do Campo asiste á misa e a procesión da romaría de San Mateo na carballeira de Santa Eufemia de Vilouchada

Coirós (A Coruña), 21 de setembro de 2026

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, xunto á alcaldesa de Trazo, Josefina Suárez, e o director territorial da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, Severino Álvarez, asistiu á misa e posterior procesión da romaría de San Mateo, que cada 21 de setembro reúne a veciños e visitantes na carballeira do santuario de Santa Eufemia de Vilouchada, no municipio de Trazo.

Belén do Campo acompañou aos veciños e participantes nesta celebración, unha das citas tradicionais do calendario festivo da parroquia de Vilouchada, que combina a dimensión relixiosa co carácter popular dunha romaría que se desenvolve nunha contorna de especial valor patrimonial e paisaxístico.

A presenza da delegada territorial prodúcese poucos días despois de que a Xunta supervisase o resultado das últimas obras de mellora realizadas no templo, que contaron cunha achega do Gobierno galego de máis de 15.000 euros. Os traballos consistiron na limpeza da superficie e posterior pintado da parte exterior da igrexa. Esta actuación deu continuidade á intervención executada, o ano pasado, no interior do santuario, tamén con apoio da Xunta de Galicia, por un importe superior aos 18.000 euros. Naquel caso, os traballos centráronse no acondicionamento e pintado dos paramentos interiores, afectados por un incendio no interior do edificio.

Imágenes relacionadas

Fecha de actualización: 21/09/2026