A delegada da Xunta mantén unha reunión de traballo con representantes da AVV de Santa Mariña do Concello de Ferrol

Ferrol, 28 de setembro de 2026

A delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá na Delegación Territorial a dúas representantes da AVV Santa Mariña de Ferrol, María Rivera e Fina Salido, coas que mantivo unha xuntanza de traballo para coñecer os proxectos nos que está a traballar a entidade veciñal e analizar posibles vías de colaboración.

Este encontro forma parte da rolda de contactos que, de maneira habitual, a delegada do Goberno autonómico vén mantendo con diferentes entidades e axentes sociais da zona coa finalidade de coñecer as demandas e principais necesidades do territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/09/2026