O delegado da Xunta en Ourense participa na presentación da 3ª edición do espazo de lecer ‘Funtastik – No Limits’

Ourense, 28 de setembro de 2026

O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación da terceira edición do Funtastik- No Limits, que terá lugar na cidade dentro do recinto feiral de Expourense do 2 ao 12 de outubro, co patrocinio da Xunta e da Deputación Provincial.

Como noutras edicións, o recinto contará con espazos pensados para estimular a creatividade, o pensamento crítico e o movemento, tanto de nenos como de adultos, con actividades de construción, inchables e zonas de saltos con estruturas xigantes; convertendo este evento nunha cita imprescindible na axenda de lecer familiar e educativo dos ourensás.

Cada día hai dúas sesións de catro horas de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas, e as entradas, xa á venda en Ataquilla.com, teñen un prezo de 10 euros por sesión, excepto para os menores de 3 anos que accederán gratuitamente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/09/2026