López Campos agradece o recoñecemento recibido en Marín como confrade “polo seu significado cultural”

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, agradeceu o recoñecemento como confrade que recibiu hoxe por parte do Padroado de Mareantes de San Miguel, en Marín, durante as celebracións patronais na honra de San Miguel Arcanxo, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia.

Neste senso, o representante da Xunta de Galicia puntualizou que este nomeamento supón un orgullo especial “polo significado cultural que implica formar parte desta festa que conserva e impulsa tradicións como é a Danza das Espadas”. Así mesmo, tamén destacou “ese vencello coa cultura do mar, que ten un papel tan importante na identidade dos galegos”. Ademais, aproveitou para felicitar ao resto de persoas que canda el se unen como membros confrades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/10/2026