Gardacostas de Galicia comisa catro toneladas de bocarte nun operativo na lonxa de Corcubión

A totalidade do peixe incautado foi debidamente identificado e entregado a un centro benéfico

Corcubión (A Coruña), 15 de outubro de 2026

Axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, comisaron un total de 4.000 quilos de bocarte no marco dun operativo de control e inspección realizado por terra no porto e na lonxa de Corcubión.

A intervención foi levada a cabo pola Unidade Operativa de Servizos Centrais e saldouse co levantamento dunha acta de presunta infracción por incumprimento da normativa vixente en materia de pesca marítima. Tras a súa inspección e correcta identificación, a totalidade da mercadoría incautada foi doada e entregada a un centro benéfico.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 16/10/2026