A Xunta participa no Foro da Xuventude Galicia-Norte de Portugal

Chaves (Portugal), 16 de outubro de 2026

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe no Foro da Xuventude Galicia-Norte de Portugal, que reúne máis de 50 xoves galegos e portugueses durante tres días na localidade lusa de Chaves. Neste encontro, dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, afondarase en temas de actualidade e interese para a mocidade, como o efecto fronteira, a construción conxunta, oportunidades de mobilidade ou o empoderamento á xuventude co obxectivo de revitalizar o rural. Na súa intervención, Jesús Gamallo destacou as semellanzas entre os territorios da eurorrexión e a capacidade para desenvolver proxectos en común.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/10/2026