Os Premios da Cultura Galega 2026 recaen en María Solar, Almudena Fernández Fariña, Elefante Elegante, Asociación Galega de Empresas Musicais, Alfonso Zarauza, Espazo Lectura, Obradoiro de Gaitas Seivane e o Festival EmigraSON
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, reuniuse hoxe para distinguir as persoas e entidades galardoados nas modalidades de Letras, Artes Visuais, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2026
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2026 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas:
|
Categoría |
Galardoados/as |
|
Letras |
María Solar |
|
Artes Visuais |
Almudena Fernández Fariña |
|
Artes Escénicas |
Compañía Elefante Elegante |
|
Música |
Asociación Galega de Empresas Musicais |
|
Audiovisual |
Alfonso Zarauza |
|
Lingua |
Espazo Lectura |
|
Patrimonio Cultural |
Obradoiro de Gaitas Seivane |
|
Proxección exterior |
Festival EmigraSON |
Do xurado tamén formaron parte o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo; a directora xeral da Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto López; o reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao Abad; o presidente da Real Academia de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo; a secretaria do Consello da Cultura Galega, Paula Cabaleiro, e María López Sández, en representación do presidente da Real Academia Galega. Tamén integraron o xurado a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve; a directora da Fundación Pública Camilo José Cela, María Jesús Martínez; a directora xeral da Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia, Concepción Pombo, e a comisaria de arte Pilar Corredoira. Ademais, exerceu como secretaria Marta Bermúdez, xefa de servizo dos Centros Museísticos da Xunta.
Con estes galardóns, a Xunta distingue un ano máis a excelencia creativa, a capacidade de intercambio, a experimentación e a proxección do panorama cultural da nosa Comunidade, así como o compromiso de proxectos, traxectorias e iniciativas que enriquecen a realidade e identidade cultural de Galicia.
Documentos relacionados
- Premios da Cultura Galega 2026