A Xunta impulsa unha nova edición dos ‘Obradoiros con corazón’ no xeodestino da Mariña lucense
Viveiro (Lugo), 21 de outubro de 2026
A Xunta de Galicia impulsa a terceira edición do programa “Obradoiros con corazón”, que desenvolverá o xeodestino da Mariña lucense entre o 24 de outubro e o 15 de novembro.
O proxecto contempla nove actividades en obradoiros situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Ourol, nos que aprender técnicas para a modelaxe de cerámica, elaboración de decoración de Nadal, creación de xoias ou traballos de la e madeira, entre outras. As persoas interesadas poden coñecer os detalles e realizar as inscricións na web do xeodestino.
A Xunta apoia á Mancomunidade de Concellos da Mariña na xestión turística da comarca achegando financiamento para o seu funcionamento e para medidas como o Plan de Sostibilidade Turística en Destino, co obxectivo de artellar unha oferta de calidade e desestacionalizada que xere riqueza para o territorio sen comprometer a súa sustentabilidade.