A Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia estudan novas colaboracións en materia de Patrimonio Cultural

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2026

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse co decano do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Luciano Alfaya, para estudar a posibilidade de novas colaboracións entre ambas entidades en materia de patrimonio cultural, na liña doutras que xa teñen establecido nesta área.

Cómpre lembrar que, recentemente, a  Xunta de Galicia e este órgano colexiado colaboraron para resolver dúbidas cos concellos sobre a modificación da Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, que entrou e en vigor a principios deste ano, e permitiu que para determinados procedementos vencellados con bens patrimonios non se exixa autorización da Administración autonómica e poidan así ser resoltos polos propios concellos e particulares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/10/2026