A directora xeral de Administración Local reúnese con representantes de varias entidades veciñais do concello de Oroso

Pon en valor a actividade destas entidades na dinamización e mellora da calidade de vida das súas contornas sociais

Oroso (A Coruña), 10 de novembro de 2026

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, reuniuse hoxe con representantes de varias entidades veciñais do concello de Oroso. En concreto, coñeceu os locais sociais das asociacións de veciños de Cardama, Os Castros e Trasmonte Pena do Tesouro.

Natalia Prieto salientou a importancia de colaborar co movemento veciñal e de facilitarlles ás asociacións de veciños e de mulleres rurais, así como ás comunidades de usuarios de augas, espazos axeitados e confortables para o desenvolvemento do seu labor a prol da dinamización da vida social e cultural da contorna e o equipamento necesario para poder levar a cabo as súas actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/11/2026