Ángeles Vázquez tende a man a ACCEM para seguir facendo de Galicia unha comunidade integradora
2026-11-11
/documents/35297/2343142/20261111+Conselleira+ACCEM+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá coa directiva de Accem, á que tendeu a man para seguir construíndo unha Galicia máis integradora.
Valorou o labor da entidade, que leva vinte anos favorecendo a inclusión de colectivos en situación de vulnerabilidade, con especial atención ás persoas migrantes, e trasladou o compromiso do Executivo galego coa entidade para seguir axudando á integración sociolaboral de quen máis o precisa.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 11/11/2026