A Xunta sitúa o V foro ‘Xuntos contra os abusos sexuais’ como punto de encontro de referencia nacional dos profesionais da protección da infancia

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2026

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou na inauguración do V foro Xuntos contra os abusos sexuais, un espazo de referencia a nivel nacional para o encontro de profesionais e entidades que traballan no eido da protección da infancia.

O director xeral agradeceu a participación dos expertos neste foro e puxo en valor a súa vontade de seguir mellorando para previr, detectar e tratar o abuso sexual infantil. Así mesmo, lembrou que este encontro busca abrir un espazo de diálogo desde o eido social, xurídico e sanitario para abordar desde todos os enfoques posibles esta problemática.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 12/11/2026