Ángeles Vázquez avalía co alcalde de Baiona a parcela proposta polo concello para a construción da primeira residencia de maiores
2026-11-12
/documents/35297/2343145/20261112+Conselleira+visita+Baiona+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Baiona (Pontevedra), 22 de setembro de 2026
A conselleira de Política Social e Igualdade, e o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, reuníronse esta mañá para avaliar os proxectos de atención a maiores do municipio e coñecer a parcela proposta pola administración local para a construción da primeira residencia de maiores da localidade, que se enmarca no proxecto da Xunta.
Ángeles Vázquez apostou polo diálogo aberto cos concellos como ferramenta principal para reforzar a atención aos maiores e ás persoas vulnerables, polo que lle trasladou ao alcalde o seu agradecemento polo traballo que realizan desde a corporación para mellorar a calidade de vida dos seus veciños, con máis recursos e servizos.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 12/11/2026