Galicia destaca no V Encontro Autonómico as boas prácticas DA Estratexia Galega de Contratación Pública 2030
Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2026
O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio, José María Barreiro Díaz, expuxo as boas prácticas da Estratexia Galega de Contratación Pública 2030 no V Encontro autonómico que se celebrou o xoves e venres en Tenerife, para abordar o reto de profesionalizar a contratación pública.
O director xeral de Simplificación Administrativa e do Patrimonio destacou a importancia de contar cun instrumento coherente coa Estratexia Nacional de Contratación Pública e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030, e que poña de manifesto as peculiaridades de Galicia, potenciando liñas estratéxicas como a compra de produto local e de proximidade de calidade ou a potenciación de sectores estratéxicos para a Comunidade.
Así mesmo, incidiu na necesidade de incrementar a profesionalización do persoal empregado público dedicado á contratación pública, para o cal a Estratexia Galega de Contratación prevé mellorar a eficiencia dos recursos humanos dedicados á contratación, incrementando e mellorando a formación do persoal, entre outros aspectos.