O delegado da Xunta participou en Expourense na presentación da 27ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebrará en Ourense do 19 ao 22 de novembro
Manuel Pardo salienta que ‘Xantar’ é unha fiestra aberta ao mundo para amosar a nosa enogastronomía
O delegado da Xunta salientou que este Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá do 19 ao 22 de novembro, terá como principal obxectivo impulsar o turismo enogastronómico de proximidade entre Galicia e o Norte de Portugal
Manuel Pardo sinalou que “desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador”
Expourense converterase desde o vindeiro xoves en punto de encontro do turismo enogastronómico peninsular, coa participación de 74 expositores, tres restaurantes tradicionais con menús pechados elaborados a partir de produtos autóctonos de calidade e un Mercado Enogastronómico que reunirá unha variada oferta de tapas e petiscos para poñer en valor a calidade da hostalería ourensá
Ourense, 17 de novembro de 2026
O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación de Xantar, onde manifestou que “Xantar é unha fiestra aberta ao mundo na que durante catro días poñemos nosa hospitalidade xacobea ao servizo dos participantes e convidados. Así, convértese nunha das principais citas para potenciar Galicia como destino enogastronómico de primeiro nivel e, por extensión, como emprazamento turístico”.
O delegado da Xunta salientou que este Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolverá do 19 ao 22 de novembro, terá como principal obxectivo impulsar o turismo enogastronómico de proximidade entre Galicia e o Norte de Portugal, reforzando os vínculos entre ambos territorios e animando ao público portugués a descubrir Galicia de cara a la celebración del Xacobeo 2027.
“Conscientes do noso potencial, -sinalou Manuel Pardo- desde a Xunta de Galicia estamos traballando en fortalecer este campo ao que consideramos un alicerce importante na nosa economía pola súa capacidade para atraer poboación e polo o seu efecto desestacionalizador”. E subliñou que “esforzámonos, polo tanto, para mellorar a cadea de valor da gastronomía galega, e nesta vixésimo sétima edición, estou seguro de que Xantar volverase erixir como unha cita fundamental para conseguir ese obxectivo. Aquí verase reflectido o traballo estratéxico, conxunto e esixente deste sector”.
Expourense converterase desde o vindeiro xoves en punto de encontro do turismo enogastronómico peninsular, coa participación de 74 expositores, tres restaurantes tradicionais con menús pechados elaborados a partir de produtos autóctonos de calidade (Camiño Mozárabe-INORDE, Mantesil e Vila Real) e un Mercado Enogastronómico que reunirá unha variada oferta de tapas e petiscos para poñer en valor a calidade da hostalería ourensá.
A proposta completarase cun programa de máis de 100 actividades, entre talleres de cociña en directo, catas comentadas, presentacións e degustacións. Estas experiencias distribuiranse entre dúas aulas gastronómicas, unha aula de catas comentadas e un espazo de formación e degustación reservada a produtos de Hijos de Rivera-Estrella Galicia.
En liña con edicións anteriores, Xantar manterá a súa aposta por achegar a feira ao público xeneral e facilitar a participación dos visitantes. Tanto la entrada ao recinto como a asistencia ás actividades do programa serán gratuítas ata completar capacidade. Tamén será libre o acceso aos concertos diarios, programados ao mediodía e pola noite, con actuacións de grupos galegos.