O polígono industrial de Tremoedo dispón xa de acceso a internet de ata 350mbps grazas ao Plan de banda larga da Xunta

Xa contan con esta cobertura os parques empresariais de Bamio e O Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa, no de Baión en Vilanova, nos de Cobas e Vilanoviña en Meis, no de Cambados, no de Ribadumia e no Porto de Meloxo no Grove

Para este ano está prevista a súa instalación tamén no polígono da Pedreira en Meaño

Unha vez completado o Plan o 95% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100 Mbps
 

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 09 de agosto de 2018
  • whatsapp

O Polígono Industrial de Tremoedo, en Vilanova de Arouas, dispón xa de redes de acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps, grazas a unha das actuacións do Plan de Banda Larga 2020, que está a impulsar a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.

Así o destacou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, durante a visita que realizou a este parque empresarial acompañado do alcalde da localidade, Gonzalo Durán, e do responsable de medianas empresas de R, Jacobo González de los Santos.

O Plan de Banda Larga da Xunta facilitará este ano o acceso a internet con velocidades de ata 350 Mbps a outros 12 polígonos pontevedreses, acadando así un total de 28 superficies empresariais conectadas a redes ultrarrápidas este ano.

Na comarca do Salnés xa está a funcionar este servizo en 9 polígonos de 6 concellos: nos polígonos de Bamio e O Pousadoiro en Vilagarcía de Arousa, no de Baión en Vilanova, nos de Cobas e Vilanoviña en Meis, no de Cambados, no de Ribadumia e no Porto de Meloxo no Grove. Para este ano está prevista a súa instalación tamén no polígono da Pedreira en Meaño.

350Mbps e servizos R de valor engadido

As empresas dos polígonos beneficiados desta medida do Plan poden contratar servizos de Internet a través de fibra óptica cunhas velocidades de ata 350 Mbps de baixada e 35 de subida, e cunha garantía de caudal do 80% sen límite de descargas.

Ademais, R pon a disposición das empresas dos polígonos a tecnoloxía necesaria para que poidan acometer a súa transformación dixital. Nesta liña están os servizos e solucións na nube como a videoconferencia ou a posibilidade de usar os seus equipamentos e o software como servizo pagando só polo uso que deles fan, sen necesidade de investir. Outra opción á man destas empresas é o acceso aos servizos do chamado Internet das Cousas (IoT) e da industria 4.0, relacionados coa eficiencia enerxética, control de intrusións nas edificacións, servidores virtuais e analítica de datos (big data), entre outros.

Estas solucións intégranse en centros de datos profesionais, coma se formasen parte da rede local da empresa. Proximidade, polo tanto, e tamén flexibilidade para adaptarse ás necesidades dos negocios en cada momento.

E todo isto, grazas ás vantaxes das redes FTTH (Metro, RFoG, GPON...), que levan a fibra óptica ata a propia empresa nestes polígonos xa conectados ás redes ultrarrápidas de R

Prazos e orzamentos

A finais de 2018 un total de 130 polígonos, que concentran case o 93% da superficie empresarial ocupada, disporán de acceso a redes de máis de 100 Mpbs. Esta cobertura será posible grazas aos despregamentos dos Plan, sumados aos polígonos que xa dispoñían deste servizo.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), subvenciona estes despregamentos cunha axuda de 3,4 millóns de euros, que xerarán un investimento total de de 5,2 millóns de euros. Estas subvencións cofináncianse ao 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR).


Listado de Polígonos da Pontevedra cubertos e previstos en 2018
 

CONCELLO
POLÍGONO
DATA COBERTURA
BUEU
PARQUE EMPRESARIAL BUEU – CASTIÑEIRAS
Xa cuberto
CALDAS DE REIS
POLIGONO INDUSTRIAL ARCOS DA CONDESA
Xa cuberto
CALDAS DE REIS
AREA EMPRESARIAL DE FORBESA
Xa cuberto
CALDAS DE REIS
ZONA INDUSTRIAL DE AS VEIGAS DE ALMORZAR
Xa cuberto
CAMBADOS-RIBADUMIA
P.I. O SALNES
Xa cuberto
CANGAS
ÁREA INDUSTRIAL A PORTELA
Xa cuberto
ESTRADA (A)
PARQUE EMPRESARIAL DE A ESTRADA - TOEDO
Xa cuberto
GROVE (O)
POLÍGONO DE PORTO MELOXO
Xa cuberto
MEIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AS COVAS
Xa cuberto
MEIS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE VILANOVIÑA
Xa cuberto
PONTE CALDELAS

PARQUE EMPRESARIAL DE A REIGOSA E CENTRAL DE TRANSPORTES E PONTE CALDELAS

Xa cuberto
PONTEAREAS
POLÍGONO INDUSTRIAL DE A LOMBA
Xa cuberto
PONTEVEDRA
PARQUE EMPRESARIAL DE O CAMPIÑO
Xa cuberto
PORRIÑO (O)
ÁREA DE NEGOCIOS OCEANIS
Xa cuberto
SILLEDA
PARQUE EMPRESARIAL DE SILLEDA
Xa cuberto
TUI
PARQUE EMPRESARIAL DE AREAS
Xa cuberto
VILA DE CRUCES
POLÍGONO INDUSTRIAL O CAMBALLÓN
Xa cuberto
VILAGARCIA DE AROUSA
PARQUE EMPRESARIAL DE O POUSADOIRO
Xa cuberto
VILAGARCIA DE AROUSA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE BAMIO
Xa cuberto
VILANOVA DE AROUSA

PARQUE EMPRESARIAL DE VILANOVA DE AROUSA I (AREA LOXÍSTICA DE BAIÓN - RÍA DE AROUSA)

Xa cuberto
VILANOVA DE AROUSA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE TREMOEDO
Xa cuberto
LALIN
POLÍGONO INDUSTRIAL DE BOTOS
Xa cuberto
AGOLADA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AGOLADA
Previsto 2018
CAÑIZA (A)
POLÍGONO INDUSTRIAL DE RIBADIL
Previsto 2018
MEAÑO
ÁREA INDUSTRIAL A PEDREIRA
Previsto 2018
MORAÑA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE AFIEIRAS
Previsto 2018
MORAÑA
POLÍGONO INDUSTRIAL DE MIRALLOS
Previsto 2018
Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/08/2018