A Xunta destina, durante dous anos, máis de 115.000 euros a diferentes investimentos de rehabilitación nas zonas de Rede Natura na comarca de Santiago

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a alcaldesa, Dalia García, visitaron en Melide un alpendre e un forno tradicional recuperados ao abeiro da orde para particulares

As axudas, establecidas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, repártense en dúas anualidades, entre os anos 2018 e 2019

A maior parte dos proxectos, dez de doce, se están executando na comarca de Santiago
 
Melide (A Coruña), 08 de xaneiro de 2019
  • whatsapp

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, e a alcaldesa de Melide, visitaron diferentes actuacións realizadas ao abeiro da orde pola que se establecen as axudas a particulares para conservar e revalorizar o patrimonio natural de Galicia no ámbito de Rede Natura na provincia da Coruña.

Estas axudas están financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemetno rural de Galicia 2014-2020. A Dirección Xeral de Patrimonio Natural financia inversións non produtivas para alcanzar obxectivos agroambientais e climáticos nestes ámbitos.

Ovidio Rodeiro desprazouse ao lugar de O Meire, no concello de Melide, onde se levaron a cabo a recuperación dun alpendre e dun forno tradicional cunha achega de máis de 12.000 euros.

Ovidio Rodeiro lembrou que este plan bianual, destinado a recuperar construcións singulares para particulares nas zonas de Rede Natura, supón un investimento total na provincia da Coruña de máis de 137.000 euros para apoiar 12 proxectos.

A maior parte dos proxectos presentados, dez de doce, localízanse na comarca de Santiago, concretamente nos concellos de Toques, Santiso, Padrón e Melide nos que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inviste máis de 115.000 euros.

A beneficiaria desta axuda trasladoulle a Ovidio Rodeiro a súa satisfacción pola oportunidade que supuxo a aplicación da subvención e solicitou ao Goberno galego a continuidade para este tipo de intervencións.

O delegado territorial destacou a aposta da Xunta polo espazos de singular valor ecolóxico e subliñou “o especial empeño que pon o Goberno galego por apoiar a recuperación e a posta en valor do patrimonio natural de Galicia”.

Os beneficiarios teñen dous prazos para comunicar a finalización das actuacións e solicitar o pago da axuda que lle corresponda. En concreto, o primeiro plazo foi ata o 14 de setembro no caso da anualidade de 2018 e ata o 31 de marzo para a anualidade de 2019.
 
ACTUACIÓNS PROVINCIA
SUBVENCIÓN

RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DE HÓRREO TRADICIONAL, VILOURIZ, TOQUES

     11.275,24

RESTAURACIÓN DE HÓRREO DENTRO DA SERRA DO CAREÓN, TOQUES

     11.712,78

RESTAURACIÓN DE HÁBITATS NO PICOTO PEQUENO ESPENUCA, COIRÓS

     9.830,58

REHABILITACIÓN DE HÓRREO E LAVADOIRO, VILAMOR, TOQUES

    11.990,00

REHABILITACIÓN DE HÓRREO, VILOURIZ, TOQUES

    11.980,00

REHABILITACIÓN DUNHA CABANA, ESTEIRO, CEDEIRA

     11.985,00

REHABILITACIÓN DUN HÓRREO O CASTRO , CONCELLO DE SANTISO

     11.970,53

REPOSICIÓN DE PECHE E REHABILITACIÓN DE HÓRREO, LEBOREIRO, MELIDE

    11.120,08

ACONDICIONAMENTO PARA MIRADOIRO NO MVMC DE LAPIDO, CARBACÍA, PADRÓN

    12.000,00

RESTAURACIÓN E CONSERVACIÓN DUN ALPENDRE E DUN FORNO TRADICIONAL, O MEIRE, MELIDE

    9.488,00

REHABILITACIÓN DUN VALADO NO LUGAR DE DESACABO, LEBOREIRO, MELIDE

    12.000,00

RESTAURACIÓN VALO CACHOTEIRA, LEBOREIRO, MELIDE

   11.880,00

137.232,21

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/01/2019