A Xunta apoia o traballo do centro comercial aberto das Travesas de Vigo para dinamizar o comercio de proximidade
Vigo, 16 de xaneiro de 2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na entrega do premio da campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto (CCA) As Travesas de Vigo. A persoa galardoada recibiu 300 euros en cheques regalos para consumir nos comercios asociados a este CCA. A entrega do galardón tivo lugar no establecemento Dicus Vigo, onde o premiado realizou a súa compra.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiou en 2018 aos centros comerciais abertos de Vigo e prazas de abastos cun máis de 177.000 euros. O CCA das Travesas, en concreto, recibiu unha axuda de 40.000 euros.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/01/2019