A Xunta apoia a calidade e a innovación do comercio galego na entrega dos premios nacionais ao sector
Madrid, 20 de marzo de 2019

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, acompañou hoxe ao sector comercial galego na entrega dos Premios Nacionais de Comercio Interior, que se celebrou en Madrid na sede do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo.

Na cerimonia, a asociación Compostela Monumental recibiu o Premio Nacional na categoría para centros comerciais abertos. Nesta mesma categoría, recibiu un áccesit Noia Histórica, mentres que o Concello de Vigo recolleu un áccesit dentro do premio a municipios.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 20/03/2019