Controlado o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 20 hectáreas 

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2019

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal do concello coruñés de Tállara, parroquia de Lousame, quedou controlado ás 20,50 h.

O incendio iniciouse ás 16,36 h. e segundo as primeiras estimacións afecta unhas 20 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. No seu control traballan 4 axentes, 11 brigadas, 5 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 15/08/2019