A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h de hoxe

Activo un incendio forestal no concello coruñés de Ribeira, que afecta tamén ao de Porto do Son e que segundo as últimas estimacións afecta arredor de 100 hectáreas

Controlado o lume do municipio coruñés de Fisterra que, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 130 hectáreas

Permanece tamén controlado o lume do concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño, que afecta provisionalmente 150 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés

Continúa así mesmo controlado o incendio forestal do municipio lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, que afectou unhas 465 hectáreas

Segue tamén controlado o lume no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos, que afecta unha superficie de 89,4 hectáreas

Continúa controlado o incendio do concello ourensán de Cenlle, que segundo as últimas estimacións afectou arredor de 45,91 hectáreas de monte arborado
 

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9,30 h. de hoxe.

Activo:

Ribeira
Está activo, desde as 23,04 h. de onte, un incendio forestal no concello coruñés de Ribeira, que se iniciou na parroquia de Oleiros e que tamén afecta ao veciño municipio de Porto do Son. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 8 axentes, 13 brigadas, 12 motobombas, 2 pas e 2 avións, estando prevista tamén a próxima incorporación de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). O fume provocado por este incendio obrigou a interromper o tráfico na estrada AC-550, malia que xa foi restablecido.

Controlados:

Fisterra
Está controlado, desde as 0,34 h. desta madrugada, o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Sardiñeiro. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 130 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse 11 axentes, 19 brigadas, 10 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lobeira
Segue controlado dende as 20,29 h. de onte o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia de San Xes de Vilariño. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 150 hectáreas dentro do Parque Natural do Xurés. No lugar levan traballado 1 técnico, 14 axentes, 42 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 avións e 7 helicópteros.

Monforte de Lemos
Continúa controlado desde as 13,48 h. de onte o incendio forestal localizado no concello lugués de Monforte de Lemos, parroquia de Seoane, e que tamén afectou o municipio de Pantón. O lume comezou o xoves ás 13,22 h. e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 465 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 10 axentes, 50 brigadas, 24 motobombas, 5 pas, 13 helicópteros e 7 avións.

Porto do Son
Está controlado desde as 10,38 h. de onte o lume rexistrado no concello coruñés de Porto do Son, parroquia de Miñortos. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 89,4 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse 18 axentes, 39 brigadas, 27 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 5 avións. Tamén participaron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Cenlle
Segue tamén controlado dende as 19,04 h. do xoves o lume forestal do concello ourensán de Cenlle, parroquia da Barca de Barbantes, que se iniciaba o mércores ás 18,58 h. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 45,91 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción, lévanse mobilizado 2 técnicos, 12 axentes, 52 brigadas, 26 motobombas, 1 pa, 6 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 07/09/2019