A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h de hoxe

Está controlado o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que afecta tamén ao de Porto do Son, cunha superficie dunhas 175 hectáreas, segundo as últimas medicións

Continúan tamén controlados os lumes de Monforte de Lemos (465 ha) e Lobeira (150 ha), este último rexistrado no Parque Natural do Xurés
 

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2019

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19,30 h. de hoxe.

Controlados

Ribeira
Está controlado dende as 17,15 horas o incendio forestal do concello coruñés de Ribeira, que se iniciou na parroquia de Oleiros e que tamén afecta o municipio de Porto do Son. Segundo as últimas medicións, afecta unha superficie de arredor de 175 hectáreas. Este cálculo é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control mobilizáronse 23 axentes, 40 brigadas, 24 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 5 avións, así como efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Monforte de Lemos
Continúa tamén controlado o lume de Monforte de Lemos, que segundo as últimas estimacións afectou 465 hectáreas. No seu control traballaron 3 técnicos, 15 axentes, 70 brigadas, 30 motobombas, 6 pas, 16 helicópteros e 6 avións.

Lobeira
Segue tamén controlado o lume de Lobeira (150 ha), rexistrado dentro do Parque Natural do Xurés. Para o seu control mobilizáronse 1 técnico, 17 axentes, 50 brigadas, 15 motobombas, 2 pas, 7 helicópteros e 7 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.
 

Departamento: C. do Medio Rural
Data de actualización: 08/09/2019