A Comisión Escolar de Alertas mantén para mañá, venres 15, a suspensión da actividade lectiva nos centros da montaña de Lugo

Agárdase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa nestas zonas, con espesores de neve superiores a 20 centímetros

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2019

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de manter para mañá, venres 15 de novembro, a suspensión da actividade lectiva na zonas de predición meteorolóxica da Montaña de Lugo debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por espesores de neve superiores a 20 centímetros.

A suspensión de clases afectará nesta zona a 789 alumnas e alumnos de 15 centros. Como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado nas zonas non afectadas pola suspensión, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

A listaxe de concellos incluídos en cada zona climática pode consultarse na páxina web de Meteogalicia.

Data de actualización: 14/11/2019