O 14 de febreiro remata o prazo para que os concellos soliciten a súa adhesión á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

As entidades locais deben presentar a documentación solicitada, que incluirá a cesión dun terreo adecuado para a instalación das infraestruturas de telecomunicación

A Amtega e Federación Galega de Municipios asinaron o pasado decembro un convenio marco para facilitarlles as xestións aos municipios

A Administración autonómica investirá ata 5 millóns de euros públicos nesta iniciativa

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2020

O vindeiro 14 de febreiro remata o prazos para que os concellos interesados en adherirse á iniciativa autonómica de mellora de cobertura móbil presenten a súa solicitude. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron o pasado mes de decembro uno acordo marco para facilitarlle ás entidades locais a adhesión á esta actuación.
Así os municipios interesados deben realizar a súa solicitude a través da sede electrónica da FEGAMP, na que os concellos teñen á súa disposición toda a documentación que deberán achegar, así información adicional aclaratoria, a través da web http://www.fegamp.gal/content/convenio-amtega-fegamp-cobertura-mobil-no-rural
As entidades locais interesadas en adherirse deberán presentar a seguinte documentación:
• Información das zonas nas que teñen constancia de deficiencias de cobertura
• Detalle das parcelas que o concello pon a disposición para a instalación das infraestruturas de telecomunicación.
• E por último, a propia solicitude de adhesión ao convenio de colaboración entre a Amtega e a Fegamp.
Aqueles concellos que cumpran cos requisitos integraranse nun proxecto, para o que se conta cun investimento público de 5 millóns de euros e que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico Retegal, para a construción das torres, e unha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva.

O 90% dos galegos con acceso a internet de 100Mbps en 2021

A mellora da cobertura de internet foi una das prioridades do Goberno galego que entre 2010 e 2020 terá investidos 185 millóns de euros de fondos públicos nos dous Plans de banda larga que se puxeron en marcha nesta década.

A finais de 2018 e segundo os últimos datos publicados polo Ministerio de Economía e Empresa, máis do 99% dos galegos dispoñen de acceso a internet a través de redes fixas e sen fíos. Ademais, o 61,5% dos galegos poden acceder a redes de máis de 100Mbps.

Actualmente, o obxectivo da Xunta é incrementar a porcentaxe e galegos con acceso a redes ultrarrápidas. Para conseguilo puxo en marcha varias actuacións, que sumadas ás do Estado permitirán que o 90% dos galegos teñan acceso a internet de 100Mbps en 2021.

Ademais, o Plan dotou de acceso a internet de máis de 350 Mbps a 81 e polígonos que contan con máis de 1.750 empresas e outras 80 de zonas illadas se beneficiaron de axudas directas para poder acceder a redes ultrarrápidas.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 08/02/2020