A Xunta destaca na Estrada o papel das asociacións de comerciantes na reactivación do sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou esta tarde no Mercado de Verán organizado pola Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE)

Salienta o esforzo do comercio de proximidade por ofrecer o mellor servizo e trasladar a máxima confianza aos consumidores

A Estrada (Pontevedra), 21 de agosto de 2020

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, destacou hoxe durante a súa participación no Mercado de Verán que organiza esta fin de semana a Asociación de Comerciantes da Estrada (ACOE) o importante papel que están a desenvolver as asociacións de comerciantes na reactivación do comercio de proximidade galego.

Sol Vázquez, que salientou que o sector está a realizar un importante esforzo para ofrecer o mellor servizo e a máxima confianza aos consumidores, apuntou que desde a Administración autonómica se activaron diferentes iniciativas para apoiar aos comerciantes, en ámbitos como a dixitalización, o financiamento ou as medidas de protección.

O Mercado de Verán da Estrada, que conta coa colaboración da Xunta, desenvolverase durante toda a fin de semana en horario de 10 a 15 horas e de 17 a 22 horas.

Data de actualización: 21/08/2020