O Ministerio de Facenda sitúa a Galicia como a segunda comunidade que pagou máis rápido as súas facturas en xullo

O período medio de pago en Galicia foi de 14,86 días, fronte aos 31,44 de media autonómica

A débeda comercial da Administración galega é tamén a segunda máis baixa de España (0,13%)

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2020

Galicia pechou o mes de xullo sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 14,86 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda.

Ao peche do mes de xullo, o período medio de pago de Galicia situouse en 14,86 días, case 17 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 31,44 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio de Facenda sitúan tamén a Galicia como a segunda comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de xullo no 0,13%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,33%. A débeda comercial do conxunto de comunidades autónomas era de 3.638,5 millóns de euros, dos que 73,9 millóns –o 2%- corresponden a Galicia.

Os datos do Ministerio de Facenda volven ratificar que Galicia continúa neste 2020 entre as comunidades que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

Período Medio de Pago – Xullo 2020 (*CCAA réxime foral)

Murcia
3,73
 
Castilla y León
28,92
Galicia
14,86
Navarra*
29,27
Canarias
14,89
Madrid
29,64
País Vasco*
19,44
MEDIA CCAA
31,44
Andalucía
20,39
Valencia
33,06
Cantabria
22,34
Extremadura
33,76
Castilla-La Mancha
22,83
Aragón
35,50
Asturias
25,10
Cataluña
44,69
La Rioja
     27,99
Baleares
53,06

Data de actualización: 30/09/2020