Máis de 220 profesores participan na formación do programa “Digicraft non teu cole” para dotar de competencias dixitais a alumnos de primaria

Comeza a segunda edición deste programa que se está desenvolvendo en 50 centros educativos galegos grazas a un acordo entre a Fundación Vodafone e a Xunta de Galicia

A iniciativa amplía os itinerarios para incorporar ao alumnado de 6 a 8 anos á aprendizaxe de conceptos como intelixencia artificial, realidade aumentada ou deseño 3D dunha forma fácil e divertida

Nas próximas semanas abrirase unha nova convocatoria que permitirá estender o programa ata outros 200 centros

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2020

Un total de 224 profesores iniciaron esta semana a formación continua para impartir os contidos do Programa “Digicraft non teu cole”, que busca potenciar a formación en competencias dixitais de alumnos de primaria entre 6 e 12 anos. A iniciativa, impulsada pola Fundación, Vodafone inicia a súa segunda edición en Galicia grazas a un acordo coa Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

A formación a profesores estenderanse ao longo de todo o curso académico. Así, tras esta primeira fase, centrada en realidade aumentada e videoxogos, en xaneiro terá lugar un segundo ciclo marcado pola Intelixencia artificial e a Robótica.

Tras o éxito da súa primeira edición, 50 centros da Comunidade que xa participaron o pasado ano seguirán desenvolvendo o programa desde este mes de outubro, polo que máis de 4.400 alumnos galegos beneficiaranse deste proxecto que potenciará a súa formación en competencias dixitais.

Máis itinerarios e unha nova convocatoria

Neste curso académico, a iniciativa “Digicraft non teu cole” incorpora novos itinerarios formativos dirixidos a nenas e nenos de entre 6 e 8 anos, para completar a proposta educativa da comunidade galega, que ata o de agora se enfocaba no alumnado de entre 9 e 12 anos.

O proxecto poñerá ao dispor de todo o alumnado diferentes actividades educativas para aprender competencias dixitais utilizando como vehículo a tecnoloxía, desde intelixencia artificial a realidade aumentada ou deseño 3D dunha forma fácil e divertida, combinando o mundo virtual e o físico. Todo iso articulado a través dunha metodoloxía de aprendizaxe probada e baseada no xogo e a experimentación, deseñada pola Fundación Vodafone España en colaboración coa Universidade de Salamanca.

O despregamento do programa en Galicia completarase cunha nova convocatoria a 200 centros que se lanzará nas próximas semanas. E uníndoo ao resto de convenios asinados co resto de comunidades, DigiCraft chegará neste curso escolar 20/21 a 400 centros escolares e máis de 32.000 alumnas e alumnos en España.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/10/2020