A Xunta concede 5 M€ en axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais para impulsar a modernización e dixitalización dos seus negocios

Feijóo explica que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial e outra á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial

Destaca que que esta non é a única medida que se está a poñer en marcha para axudar ao sector a adaptarse aos novos hábitos de consumo, lembrando por exemplo o impulso do Bono Activa Comercio, que xa leva mobilizados 18,3 M€
 

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021
Compartir
  • whatsapp

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe da concesión de 5 M€ de axudas a 773 comerciantes e obradoiros artesanais dirixidas a impulsar a dixitalización e modernización dos seus negocios e que lles permitirán poñer en marcha unhas 2.329 actuacións.

Nesta liña, avanzou que estes apoios contan con dúas liñas, unha destinada á dixitalización comercial, con 2.188 actuacións, entre as que destacan a mellora da imaxe dixital ou a creación de páxinas web; e outra dirixida á adquisición de equipamentos propios da actividade comercial, con 141 actuacións.

Ademais, o presidente da Xunta lembrou que esta non é a única medida que se está a poñer en marcha para axudar ao sector a adaptarse aos novos hábitos de consumo. Sobre este punto, recordou o impulso do Bono Activa Comercio, que xa leva mobilizados 18,3 M€ e foi descargado por 210.000 persoas.
 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 16/09/2021