A Xunta avoga por fortalecer a competitividade da minaría galega a través da innovación e a formación

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura da Asemblea Xeral da Cámara Oficial Mineira

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2022
Compartir
  • whatsapp

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela á apertura da Asemblea Xeral da Cámara Oficial Mineira, na que destacou a aposta da Xunta de Galicia por fortalecer a competitividade da minaría a través da innovación e a formación, favorecendo un crecemento empresarial sostible.

A directora xeral lembrou que o seu departamento traballa na Axenda Galega de Minaría Sostible co obxectivo de alcanzar a integración ambiental desta actividade, o aproveitamento sostible dos recursos e a posta en valor do patrimonio mineiro de Galicia.

Uría destacou o papel deste sector no contexto actual de transición ecolóxica e dixital pola necesidade de acceder a materiais vitais para as actividades estratéxicas da economía e defendeu a importancia de investigar e aproveitar de xeito sustentable os recursos naturais da Comunidade.

A directora rematou agradecendo á Cámara Oficial Mineira o labor que está realizando e o compromiso que están demostrando para traballar cara a esa minaría sostible.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 07/04/2022