Galicia rexistra un total de 15.023 casos activos por coronavirus

Un total de 583.117 pacientes xa están curados

A día de hoxe hai 14.288 pacientes en seguimento nos seus domicilios

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2022.- A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 15.023, deles 3.072 son da área da Coruña, 2.070 da de Lugo, 2.014 da de Ourense, 1.588 da de Pontevedra, 2.714 da área de Vigo, 2.356 da de Santiago e 1.192 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 27 están en UCI, 708 en unidades de hospitalización e 14.288 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 583.117 persoas curadas, rexistrándose 3.407 falecementos. 

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:

Día 10 de maio:

Home de 67 anos, na área sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Muller de 73 anos, na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Home de 80 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Home de 71 anos, na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

Muller de 94 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

 

As persoas falecidas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.876.997.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.651.098.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade permanece en alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e 881 54 00 45 para información covid

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía debe empregar o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 naqueles casos que presenten síntomas leves de coronavirus, ou ben para resolver dúbidas relativas a covid-19. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Declaración responsable de autotest positivo e uso das máscaras

As persoas que obteñan un resultado positivo tras a realización dun autotest deberán comunicalo ao Servizo Galego de Saúde. Así, poderán facelo dun xeito sinxelo cumprimentando a declaración responsable dispoñible na web do Sergas.

Así mesmo, lémbrase o carácter obrigatorio do uso da máscara en determinados espazos interiores, como son os centros, servizos e establecementos sanitarios; os centros sociosanitarios e o transporte público e de viaxeiros.

Recomendacións

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 12/05/2022