Un total de 2.275 alumnos poderán participar no novo programa ‘DixitalWeek’ da Xunta para mellorar competencias dixitais en inglés

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades ten aberto o prazo para participar nesta iniciativa ata o vindeiro 9 de setembro

A actividade será de balde para as familias e a experiencia inmersiva desenvolverase no Albergue Xuvenil de Gandarío, en Bergondo
 

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2022
Compartir
  • whatsapp

A Xunta de Galicia vén de abrir o prazo para que os centros educativos sostidos con fondo públicos soliciten participar no novo programa formativo inmersivo DixitalWeek. Trátase dunha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para que un total de 2.275 alumnas e alumnos de 6º de Primaria e ESO melloren as súas competencias en comunicación lingüística en inglés e dixitais.

A actividade desenvolverase durante o primeiro trimestre do curso escolar 2022/23 no Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña) en quendas dunha semana de duración en réxime de internado, coa seguinte distribución:
QUENDA
DATAS
CURSO
ALUMNADO
 
1ª quenda
Do 2 ao 8 de outubro
6ºEP
225
 
2ª quenda
do 9 ao 15 de outubro
6º EP
225
 
3ª quenda
do 16 ao 22 de outubro
6º EP
225
 
4ª quenda
do 23 ao 29 outubro
1º de ESO
225
 
5ª quenda
do 30 de outubro ao 5 de novembro
1º de ESO
225
 
6ª quenda
do 6 ao 12 de novembro
2º de ESO
225
 
7ª quenda
do 13 ao 19 de novembro
3º de ESO
225
 
8ª quenda
do 20 ao 26 de novembro
4º de ESO
225
 
9ª quenda
do 27 de novembro ao 3 de decembro
6º EP
175
 
10ª quenda
do 4 ao 10 de decembro
1º e 2º de ESO
150
 
11ª quenda
do 11 ao 17 de decembro
3º e 4º de ESO
150
 
TOTAL
2.275
 
 

Esta acción enmárcase tanto na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2030, EDUlingüe, como na Estratexia Galega de Educación Dixital 2030. O seu obxectivo é a práctica do idioma e o seu uso en contextos comunicativos diversificados e enfocados cara á mellora da comunicación oral a través de actividades dixitais, co apoio de profesorado nativo en lingua inglesa. Búscase así mellorar a competencia a través de actividades dixitais e outras complementarias que promovan a actividade física e a socialización.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 9 de setembro e deberá realizarse a través da aplicación informática correspondente. O departamento educativo da Xunta de Galicia destina ao desenvolvemento deste programa, que será gratuíto para as familias, un orzamento de 819.000€.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 03/07/2022