A Xunta fomenta a seguridade dos peregrinos no Camiño Francés cunha senda peonil no albergue do Pino

Turismo de Galicia destinará preto de 100.000 euros á construción desta infraestrutura que permitirá conectar a Ruta Xacobea con este establecemento

O Pino, 6 de agosto de 2022
Compartir
  • whatsapp

Co obxecto de promover a seguridade na peregrinación cara a Compostela, a Xunta de Galicia destinará preto de 100.000 á construción dunha senda peonil que conecte o Camiño Francés coa albergue de peregrinos do Pedrouzo, no Concello do Pino.

 

Esta actuación, froito do convenio asinado entre Turismo de Galicia e o Concello do Pino, permitiralle aos peregrinos evitar os riscos de circular na contorna da estrada N-547 a través dunha vía para camiñantes paralela ao rego do Burgo.

 

Ademais da seguridade na peregrinación a Compostela polo Camiño Francés, con esta actuación preténdese mellorar a estructura da propia Ruta Xacobea así como e o seu valor paisaxístico.

 

O Camiño Francés foi declarado o Primeiro Itinerario Cultural Europeo, Ben de Interese Cultural, e Patrimonio da Humanidade e é a ruta mais transitada por peregrinos de tódalas nacionalidades. Así, case o 55% dos peregrinos que fixeron o Camiño de Santiago no ano 2021 peregrinaron por esta ruta.

 

Pola súa parte, O Pino é o municipio galego que conta con máis quilómetros deste Camiño, concretamente dezaoito, que atravesan as parroquias de San Breixo de Ferreiros, San Miguel de Cerceda, Santa Eulalia de Arca, San Miguel de Pereira e Santa María de Castrofeito.

Data de actualización: 06/08/2022