Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 19,21 días, case 10 días por debaixo da media de comunidades autónomas

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2023 Galicia pechou o mes de novembro como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura e Cantabria, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

 

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 19,21 días, case 10 días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 29,19. Ademais, tamén se situou case 11 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

  

En canto á débeda comercial, os datos do Ministerio sitúan a Galicia como a terceira comunidade con menor débeda comercial de España. A ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de novembro no 0,25%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,39%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 5.141 millóns de euros, dos que 174 millóns – o 3,38%- corresponden a Galicia.

 

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma estaba en novembro de 2022 entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 
 
 

Período Medio de Pago – Novembro de 2022 (*CCAA réxime foral)

Extremadura
12,25
 
Castilla La Mancha
24,84
Cantabria
18,32
Cataluña
26,92
Galicia
19,21

TOTAL CC.AA.

29,19
La Rioja
21,20
Canarias
31,50
País Vasco*
21,53
Baleares
33,85
Navarra*
21,77
Madrid
34,73
Valencia
22,14
Asturias
37,36
Andalucía
22,41
Murcia
56,10
Castilla-León
23,98
Aragón
61,75

Data de actualización: 23/01/2023