A Xunta salienta o Camiño de Santiago como parte fundamental da nosa cultura durante a presentación dun documental sobre o Camiño Francés

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación do documental esta mañá no Museo das Peregrinacións

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2023

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na presentación do documental “Camiño Francés: só camiña”, onde salientou a importancia do Camiño na nosa cultura

 

Durante a presentación, Nava Castro fixo fincapé no éxito e as oportunidades que supón para a nosa comunidade contar coa tradición xacobea. Neste senso, destacou os datos máis recentes, que indican que están chegando a Galicia nestes primeiros meses do ano máis peregrinos que o ano pasado, concretamente no mes de febreiro chegaron un 40 % máis que en febreiro do ano pasado.

 

“O Camiño de Santiago consolídase non soamente como parte da nosa cultura, senón tamén como un produto turístico que desestacionaliza e disemina a chegada de turistas a Galicia, favorecendo a loita contra a despoboación e a xeración de postos de traballo” finalizou Castro.

Data de actualización: 21/03/2023