Trenor participou na presentación da III edición do Encontro Mundial do Humorismo que se celebrará na Coruña do 28 de abril ao 7 de maio

Na actualidade, están en funcionamento 95 centros desta tipoloxía por toda a Comunidade que ofrecen 475 prazas gratuítas de atención a nenos de 0 a 3 anos

A Coruña, 27 de marzo de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou na presentación da III edición do Encontro Mundial do Humorismo que se celebrará na cidade da Coruña do 28 de abril ao 7 de maio.

 

A cidade da Coruña acollerá esta primavera, de novo, a gran cita coa comedia en directo, que reúne nun único evento ás figuras e espectáculos de humor máis relevantes do momento en España e que na súa última edición sumou máis de 19.000 espectadores.

 

Impulsado pola produtoras Etiqueta Negra e O Espectador, e baixo a dirección artística de Luis Piedrahita, EMHU regresará aos escenarios coruñeses durante dez días con shows únicos, novos formatos que darán renda solta ás propostas máis desternillantes; e, por suposto, os espectáculos máis seguidos do momento.

 

Entre as sesións exclusivas que se poderán ver na Coruña, producidas polo festival, atópanse galas como Fantastic Colofon ou Humoris Causa, citas nas que EMHU reúne a grandes figuras da comedia sobre un mesmo escenario e nas que o público esgota rapidamente todas as súas entradas.

 

Na súa intervención Trenor destacou que “o Goberno galego volve apostar, un ano máis, pola celebración de eventos culturais que permitan situar A Coruña como destino turístico festivo e cultural apoiando os grandes eventos que se celebran nesta cidade”. Neste senso, mostrou a súa confianza en que “estes días de humor supoñan un enorme revulsivo para todos os profesionais da cultura e, por extensión, do conxunto da economía da cidade e de Galicia”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/03/2023