A Xunta participa nas actividades en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano da Fundación Secretariado Gitano, en Ourense

Ourense, 5 de abril de 2023 O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá a sede da Fundación Secretariado Gitano en Ourense, onde se celebraron actividades en conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano que ten lugar este sábado. En concreto, leuse unha declaración institucional con motivo deste día e fíxoselle entrega ao director xeral da bandeira deste pobo.

Arturo Parrado agradeceu o labor desta entidade na procura de máis oportunidades e unha maior integración da poboación xitana na nosa Comunidade. Arturo Parrado lembrou que a conmemoración do sábado permite reflexionar sobre a necesidade de garantir a plena inclusión deste pobo.

Data de actualización: 05/04/2023